FORMACIÓN


martes, 28 de diciembre de 2010, 8:04:16

A EGAP inicia o prazo de matrícula para as actividades formativas do primeiro semestre. Esta convocatoria está aberta a todos os empregados e empregadas da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou en excedencia por coidado dun fillo ou dun familiar.

No primeiro semestre ofrécense máis de 7500 prazas, cunha forte aposta polas ensinanzas de idiomas, que contarán con 1745 prazas. As actividades formativas, que poden ser de caracter xeral ou específicas, están relacionadas coas áreas de dirección e xerencia pública, economía e finanzas, recursos humanos, recursos materiais e tecnolóxicos, procesos de traballo, normativa e organización autonómica, específicas do sector competencial, idiomas e coñecementos transversais.

Entre as novidades para as actividades de formación do ano 2011 cómpre destacar a realización de probas nos cursos presenciais para poder obter o diploma, a redución da porcentaxe de faltas de asistencia permitidas dun 15 a un 10% e o cambio no baremo de selección.

O prazo de matrícula rematará o día 13 de xaneiro ás 14.00 horas. Ata ese momento pódense presentar un máximo de cinco solicitudes a través da zona de matrícula da EGAP (https://egap.xunta.es/matricula).


**************************************************************************************************
Encuesta sobre Recursos Humanos en Ciencia y Tecnología Año 2009
Principales resultados:
− Uno de cada tres individuos que se ha doctorado lo ha hecho en el campo de estudio de las Ciencias Naturales.
− El 34,1% de los doctores ha financiado principalmente sus estudios de doctorado por medio de becas. Cuatro de cada 10 trabajaron para financiarse el doctorado.
− El 96,1% de los doctores estaba empleado a 31 de diciembre de 2009. Seis de cada 10 estaba trabajando en actividades de investigación.
El 55,5% de los doctores son varones y el 44,5% mujeres. La edad media para doctorarse es de 35 años para los varones y de 33 para las mujeres.
MÁS INFO: INE 

************************************************************************************************

Seguridade Industrial
ENTIDADES DE FORMACIÓN NO ÁMBITO DA SEGURIDADE INDUSTRIAL:
Relación de entidades recoñecidas para impartir cursos teóricos-prácticos no ámbito da seguridade industrial. Ano 2010.
Modelos normalizados de informe anual de actividades de entidades recoñecidas de formación no ámbito da seguridade industrial.
Modelos normalizados de comunicación de inicio de cursos de entidades recoñecidas de formación no ámbito da seguridade industrial.
Fonte: Xunta de Galicia

************************************************************************************************

Economía e Industria e a Egap promoverán de forma conxunta actividades de carácter formativo, divulgador e investigador.
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), ente adscrito á Consellería de Economía e Industria, e a Escola Galega de Administración Pública (Egap), colaborarán no desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador, en base a un convenio de colaboración asinado hoxe polo director do Inega,  e polo director da Egap.
Segundo se establece no acordo, que ten por obxectivo a optimización dos medios humanos e materiais do Inega e da Egap, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas as partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega, o persoal dependente do Instituto adscrito á Consellería que dirixe Javier Guerra poderá participar nas actividades da Egap.
Ademais, estes dous organismos cooperarán na realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación; na edición conxunta de libros, doutras publicacións e documentos de traballos (adquirindo as dúas institucións o compromiso de remitir un exemplar das súas publicacións periódicas á biblioteca da outra para a súa difusión); na promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos e noutras accións que sexan de interese mutuo.
Unha comisión mixta paritaria, integrada por representantes do Inega e da Egap, velará pola concreción, seguimento, interpretación e avaliación das actividades derivadas do presente convenio, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2010, prorrogándose de forma expresa por anualidades naturais, agás denuncia de calquera das partes asinantes antes da súa finalización.
A subscrición deste convenio non conleva ningún tipo de relación laboral, contractual ou de calquera outro tipo entre profesionais que realicen as actividades obxecto deste convenio e a Egap.

Data:4-10-2010
Fonte: Consellería de Economía e Industria