jueves, 25 de noviembre de 2010

BicGalia asesora do emprendemento. Posta en marcha do Proxecto Medra para novas PEMES

Ademais de destacar a utilidade dos apoios financeiros da Consellería de Economía e Industria, o director xeral do Igape fixo fincapé no reforzamento das actividades de BIC Galicia orientadas a “valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa transformación en empresa”.
Na súa intervención, Varela destacou a recente posta en marcha do Proxecto Medra, orientado a facilitar aos xestores de novas pemes, de maneira gratuíta, as habilidades e capacidades necesarias para sortear a crise, reforzarse no mercado e crecer de maneira sostida. Esta iniciativa, na que está previsto que participen máis de 750 empresas, diríxese tanto aos proxectos en fase de nacemento, como ás pemes en fase de consolidación, con ata 4 anos de existencia.
Coa execución do programa de BIC Galicia estanse a dar a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores, ademais de pór de manifesto a importancia que se outorga, no mundo empresarial, a cuestións como a elaboración de plans de empresa.

http://www.proxectomedra.org/

Data:24-11-2010
Fonte:Consellería de Economía e Industria.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario