lunes, 11 de octubre de 2010

CURSOS


La inscripción en los cursos del Pacto Provincial polo Emprego se amplía hasta el 15 de Octubre.
La Diputación Provincial de Lugo ha ampliado hasta el día 15 de octubre el plazo de inscripción en las actividades formativas que se organizan dentro del Pacto Provincial polo Emprego.
Este programa consiste en 45 cursos para facilitar la inserción laboral de 540 personas, que durante su formación cobrarán unos 400 euros mensuales.
Hasta el momento, se han registrado 1.568 solicitudes de plaza. Los interesados en apuntarse -desempleados de la provincia, excepto de Lugo, que tienen un plan especial- pueden hacerlo en el Inludes, a través del teléfono 982.26.53.34, o enviando un correo electrónico.

Fecha.10-10-2010
Fuente: El Progreso.

A AGASP convoca un curso sobre o manexo de lume en queimas controladas destinado a axentes forestais.
A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) vén de convocar un curso sobre o manexo do lume en queimas controladas, que está destinado a axentes forestais dos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais.
O obxectivo principal deste curso é dotar aos participantes dos coñecementos necesarios para a realización de queimas controladas, coma ferramenta para a xestión dos combustibles forestais, e coma alternativa a operacións silvícolas tradicionais. O contido do curso é fundamentalmente coñecer o comportamento do lume, as técnicas de ignición, de dirección de queima, e as aplicacións das queimas controladas.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do dia seguinte da súa publicación no DOG, que foi o pasado dia 6 de outubro. O curso terá lugar na Academia Galega de Seguridade, sita na Estrada, entre os días 8 e 19 de novembro, e o 29 de novembro e o 3 de decembro. Esta actividade é cofinanciada nun 80% polo Fondo Social Europeo dentro do Programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia.

Curso de prevención de riscos laborais on line.
Ademais, dentro das actividades programadas para o ano 2010, mediante a colaboración entre a AGASP e a Central Sindical Independente de Funcionarios de Galicia, saíu publicado no DOG a convocatoria dun curso sobre prevención de riscos laborais, que se desenvolverá a través de Internet.
O curso está destinado ao persoal dos corpos de Policía Local de Galicia, e no caso de quedaren prazas baleiras cubriranse con persoal dos restantes corpos de seguridade que teñan destino na comunidade autónoma galega.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro dia 18 de outubro, e as persoas que desexen inscribirse deben cubrir a solicitude de participación a través da páxina web da Agasp: https://agasp.xunta.es, no epígrafe actividades formativas, cursos con inscrición aberta. O curso dará comezo o 20 de outubro.
Data:10-10-2010
Fonte: Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza.

Economía e Industria impulsa a internacionalización das pemes biotecnolóxicas mediante un curso que organizan BIC Galicia e BIC Minho.
 A internacionalización para pemes biotecnolóxicas é o obxectivo do curso organizado por BIC Galicia e BIC Minho no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza Bioemprende, no que participa a sociedade do Igape xunto coa entidade portuguesa. O curso desenvolve un programa de formación para empresarios e emprendedores da área biotecnolóxica interesados en explorar as oportunidades de negocio que presentan os mercados internacionais e que precisen coñecementos ou habilidades para acceder a eles. Ofrece ademais a oportunidade de establecer alianzas e colaboracións entre os empresarios da eurorrexión que participen no encontro.
O curso comezará o próximo 14 de outubro e desenvolverase durante seis sesións de 8 horas de duración cada unha que se celebrarán os días 14, 19 e 26 de outubro e o 3 de novembro en Vigo, na sede da Escola de Negocios de Caixanova; e os días 11 e 18 de novembro, en Oporto, tamén na sede da Escola de Negocios da entidade financeira galega. Os interesados en inscribirse deben dirixirse a bioemprende@bicgalicia.es.
Desenvolverase un programa que abrangue materias como a internacionalización de empresas no contexto económico mundial, o acceso a clientes e mercados exteriores, os plans internacionais de negocio, o marqueting internacional ou as peculiaridades do sector biotecnolóxico na contorna internacional.
Este curso forma parte do Proxecto Europeo de Cooperación Transfronteiriza “BIOEMPRENDE”, co obxectivo de promover vínculos de cooperación entre os axentes implicados no sector biotecnolóxico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para mellorar a capacidade emprendedora, identificar oportunidades de negocio e xerar sinerxías que favorezan a consolidación dun tecido empresarial biotecnolóxico.
O impulso á internacionalización empresarial conforma un dos eixos estratéxicos prioritarios do Plan re-Forza 2010 que impulsa a Consellería de Economía e Industria a través do Igape; o orzamento do Instituto neste ámbito medrou nun 57% e pasou de 11,4 millóns en 2009 a 18 millóns en 2010.

Data:10-10-2010
Fonte: Consellería de Economía e Industria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario