lunes, 11 de octubre de 2010

REMATE DA I FEIRA DO EMPREGO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A segunda Xornada de Feira do Emprego centrouse nas entrevistas de traballo e no autoemprego.

Finalizou a segunda xornada da I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo que dirixe o nacionalista Xosé Manuel Iglesias, e na que colaboran as entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego. Impartíronse dúas conferencias, dous obradoiros, un seminario, e a presentación dun estudo, ás que asistiron 660 ointes. Centráronse en tres temas: como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, como buscar traballo a través de internet, o autoemprego, e dun estudo que se está a realizar coas empresas do Tambre.
Este estudo, que desenvolve a Asociación Área Empresarial do Tambre no marco do Pacto Local polo Emprego, está en proceso de elaboración, e está previsto que remate en novembro. Realízase mediante un cuestionario que se envíou vía postal e/ou mediante correo electrónico ás 410 empresas asociadas á AAET, dos polígonos industriais do Tambre, Boisaca e Costa Vella. É un estudo sobre a evolución laboral nestas empresas no período comprendido entre o 31 de decembro de 2009 e o 30 de xuño de 2010. Permitirá determinar os cambios experimentados nestes seis meses, e incluso nun futuro: os empregos con menos demanda, os perfís laborais que solicitan as empresas e cara onde evoluciona o mercado laboral no sector industrial compostelá. Os resultados permitirán establecer as necesidades formativas do noso tecido empresarial, ofertar esa formación, e recolocar aos traballadores/as noutros sectores con máis oferta. Os resultados deste estudo permitirán á Asociación Área Empresarial do Tambre ofrecer un Servizo de Formación e Colocación adaptado ás necesidades e demandas das súas empresas.
De xeito paralelo, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentaba os servizos de inserción laboral que ofrece a través do autoemprego. Servizos como o Viveiro de empresas, unha estrutura de acollida temporal pensada para ubicar a empresas que están dando os seus primeiros pasaos no mercado, acompañalas e prestarlle apoio, tanto a nivel de servizos común, como asesoramento e formación. Ou como o Programa de Apoio Empresarial para Mulleres, destinado a emprendedoras e empresarias; e o PAIT, o Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitacion, que pon a disposición das persoas emprendedoras unha ferramenta gratuita a través da que poden realizar a tramitación de constitución de empresas. Tamén ofrece información e asesoramento persoalizado a empresas e emprendedores sobre as liñas de apoio en materia de I+D+I (Investigación, Desenvolvemento e Innovación). Despois desta presentación impartiuse a conferencia Autoemprego: atrévete, na que Marisol Vázquez Suárez, diplomada en relacións laborais e posgrao de especialización en práctica laboral e recursos humanos, e socia fundadora de Affines Asesores, explicou como o autoemprego pode ser, tamén, unha vía de acceso ao mercado laboral.
Ademais, na última xornada desenvolveuse o obradoiro Dá os teus primeiros pasos con fe: non é necesario que vexas toda a escaleira, só dá o primeiro paso, impartido por Nelly Rey de Rey e Teresa Hernández Armentia, especialistas en coaching e socias fundadoras de IDENTIA. Dirixido a persoas con especiais dificultades de inserción, permitiulles aprender novas técnicas de recuperación da motivación para acadar resultados positivos na busca de emprego. Nesta mesma liña, a conferencia, O segredo do teu éxito es ti mesmo, impartida por Faustino Sánchez Guido, licenciado en económicas e actualmente técnico de formación e selección de CESS El Corte Inglés, transmitiu ás persoas que asistiron, ideas e estratexias que lles podían servir para acadar os obxectivos propostos. A continuación, tivo lugar o seminario A entrevista de traballo: construción dunha imaxe, impartido por María Eugenia Fernandes Montilla, directora de Arquetipos Consultores, no que os asistentes coñeceron como influe a percepción da realidade en nós mesmos, como a transmitimos e que técnicas podemos aplicar para mellorar ese impacto e dar unha imaxe coherente co obxectivo desexado, neste caso positividade á hora de buscar emprego e seguridade nas entrevistas de traballo.
O último seminario foi Emprego 2.0: fai que o traballo te atope en internet, no que Alfonso Alcántara, coach e consultor en emprego 2.0, falou sobre desenvolvemento profesional, redes sociais e produtividade, motivando ás persoas asistentes a buscar emprgo e a ter en conta as redes sociais e a web 2.0 na planificación profesional.
A I Feira do Emprego de Santiago de Compostela está enmarcada no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela, promovido pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo; conta coa colaboración das entidades que o integran: Asociación Área Empresarial do Tambre, Asociación de Empresarios de Hostelería, os sindicatos CCOO e UXT, a USC, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, e a Asociación Plataforma polo Emprego.

Mais de Mil personas asistiron á feira de Emprego de Compostela, a Primeira que se celebra en Galicia.

A  Feira do Emprego de Santiago de Compostela,  e a primeira destas características que se celebra en Galicia, organizada pola concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, e na que colaboraron as entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego. realizáronse . O acto de apertura tivo lugar sobre as 11.15 h. Consistiu nun paseo polos stand das disintas empresas e entidades, no que participaron o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo; o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida; o director provincial do SEPE, Angel M. Teijeiro Fraga; e representantes das entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, USC, Asociación Área Empresarial do Tambre, Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago, Asociación Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e CCOO.
A feira, que se celebrou o  7 e 8 de outubro no edificio Cersia, en San Lárazo, estivo  dirixida as persoas desempregadas, ás que buscan mellorar as súas expectativas laborais, e ás empresas e entidades que precisen incorporar persoal. No evento, no que en principio había inscritas 947 persoas, participaron 73 empresas e entidades que pertencen a distintos sectores de actividade. A maioría encádranse no sector das novas tecnoloxías, son consultoras, ou son empresas adicadas á formación. Tamén  empresas de servizos sociais, de construción e mantemento, comercios, de ocio, hoteis, empresas de limpeza, de transporte e produtoras audiovisuais. A estas empresas súmanse distintas entidades, entre elas Cogami e Fademga, que tamén precisan incorporar persoal. En total ofertan 345 postos de traballo. A maioría deles, 290, pertencen ao sector servizos.
Ademais, a feira do emprego é unha oportunidade para coñecer a realidade do mercado laboral, para informarse sobre as oportunidades de traballo que existen no entorno de Compostela e para formarse en distintos aspectos relacionados coa automotivación e a busca de emprego. Á conferencia de apertura, Tipos de contrato tras a reforma laboral, impartida por Begoña Costa Camino, economista e socia fundadora de C&B Asociados, asistiron cerca de 200 persoas. Begoña Costa explicou as reformas que se están a producir no mercado laboral prestando especial atención ás características dos novos tipos de contrato.
Tamén tivo lugar nunha das aulas de formación, Panorámica actual dos Programas Europeos a favor do Emprego, impartida por José María Quevedo Santacoloma, director de DEX Europa, na que analizou a situación e as perspectivas dos programas comunitarios de emprego.  A efectividade do emprego protexido como mecanismo de inclusión sociolaboral, que impartiu  Miguel Fernández Blanco, presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, e na que se analizou o emprego protexido e as súas fórmulas, entendendo éste como unha ponte cara o mercado laboral ordinario.
E  baixo a denominación de Xornadas Estratexias para a dinamización do mercado laboral impartíronse outras cinco conferencias e un obradoiro.

Fonte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario