lunes, 4 de octubre de 2010

ACTUALIDAD / ACTUALIDADE A 04.10.10

El Concello de Lugo contratará a una persona para labores de orientación sobre el empleo.
La junta de gobierno del Concello de Lugo aprobó las bases para la contratación temporal de una persona que realice labores de orientación y formación en materia de empleo. Esta contratación se realizará según las condiciones marcadas por La Consellería de Traballo e Benestar, que concedió la Subvención al Concello para disponer de este orientador.
Fecha:30-09-2010
Fuente: El progreso.

A Xunta traslada ás universidades o seu compromiso coa investigación científica e solicítalles as súas necesidades para convocar novas prazas de investigadores.
O secretario xeral de Universidades e o director xeral de I+D+I do Goberno galego reuníronse onte en Santiago cos vicerreitores de investigación das tres Universidades.
As Universidades remitiranlle á Xunta información concreta sobre as súas necesidades en materia de recursos humanos de investigación para habilitar un sistema de axudas públicas que responda á demanda real.
Data: 30-09-2010
Fonte: Consellería de Economía e Industria.

A Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo ven de reunirse en Asemblea Xeral Extraordinaria o pasado 21 de setembro de 2010.
O pasado 21 de setembro celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación. Entre outros temas presentouse o novo equipo técnico da Unidade de Promoción e Desenvolvemento "Pacto de Lugo" (U.P.D. PACTO DE LUGO) que terá como principal obxectivo promocionar e apoiar todo tipo de actividades relacionadas co emprego sexa por conta allea; creación de iniciativas empresariais e o autoemprego das persoas desempregadas; investigar oportunidades de desenvolvemento e emprego; facilitar información sobre emprego e desenvolvemento, entre outras. Tamén se aprobou na Asemblea Xeral Extraordinaria as actividades a realizar para este ano 2010 pola nova U.P.D., entre as cales destacan a elaboración e futura publicación dunha guía práctica para emprendedores, onde o que se pretende e familiarizar os mesmos cós principais pasos a seguir para unha vez depurada a idea empresarial,  poder elexir axeitadamente a forma xurídica da empresa, así como tamén saber cales son os documentos máis salientables no proceso previo de burocratización da futura empresa.
Por outra banda a U.P.D. Pacto de Lugo tamén ofreceu a súa colaboración ós Obradoiros de Emprego e Escolas Obradoiro que o soliciten, para impartir o módulo de sensibilización en igualdade de xénero, a través dos seus técnicos.
Seguindo o traballo da anterior U.P.D. realizaránse a análise dos principais datos e indicadores socio-económicos referidos ó ámbito de actuación do Pacto Territorial de Emprego de Lugo; informe mensual do paro rexistrado e seguimento da contratación mensual; análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) no ámbito do Pacto; elaboración dun boletín informativo (como novidade); así como o desenvolvemento do blog actual.
Data: 04-10-2010
Fonte: U.P.D. Pacto de Lugo

No hay comentarios:

Publicar un comentario