jueves, 30 de septiembre de 2010

CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS (CURSO INEGA)

O Instituto Enerxético de Galicia( INEGA) nace a través da lei 3/1999, do 11 de Marzo, ó abeiro das competencias que a Comunidade Autónoma ostenta segundo o seu Estatuto de Autonomía ( art.13.2) e de conformidad co establecido no artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de Febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Na exposición de motivos da Lei 3/1999 destácanse algún aspectos que definen a actual realidade enerxética e o valor estratéxico deste subsector económico. Esta exposición incide en que a utilización racional da enerxía é un factor clave de concorrencia empresarial e da calidade de vida dos cidadáns, en que é necesario e obrigado harmoniza-lo uso dos recursos enerxéticos e o respecto ambiental, e en que urxe diversifica-las fontes enerxéticas e diminuir, na medida do posible, a dependencia exterior.

Por suposto,todas estas iniciativas sitúanse nun contexto dunha interdependencia económica e elevado grao de evolución tecnoloxica.

O Parlamento de Galicia, unha vez avaliado o contexto enerxético galego e internacional, considerou oportuno crear unha entidade que levase a cabo as función, iniciativas e programas enerxéticos desenvolvidos ata entón por diferentes organismos da Administración autonómica, co obxectivo de afondar e consolida-la tarefa emprendida.

A configuración legal do INEGA é dun ente de dereito público, con personalidade xurídica e patrimonio propios. Está adscrito á Consellería competente en materia de enerxía e suxeito, nas súas actividades,ós programs e directrices xerais da xunta, pero con autonomía funciional para realizar estudos, ditames,peritaxes e actividades formativas e comerciais para a Administración pública, para as empresas e para os particulares.

Formación: Curso de Modelización e Prácticas Experimentais para a Certificación Enerxética de Edificios.

Comunidade Autónoma de Galicia 19,20,21,26,27,28 de Outubro e 2,3,4 de novembro de 2010.

Obxecto do curso: Capacitar aos profesionais da edificación no manexo dos programas informáticos de referencia relacionados coa eficiencia enerxética:LIDER,CALENER VYP E CALENER GT, mediante métodos experimentais e resolución de casos prácticos.

Dirixido a :
-  Profesionais relacionados co deseño e verificación de sistemas relacionados co consumo de enerxía en edificación, particularmente arquitectura, sistema de climatización, iluminación e enerxías renovables.
- Estudantes de últimos cursos e posgrado en Escolas de Enxeñerías ( Superior e Técnica) e Arquitecturas ( Superior e Técnica).

Requisitos para a admisión:
-Dereitos de Inscrición:60 €
-Dispor dun ordenador pórtatil que cumpra os requirimentos asociados ao uso dos programas de referencia.
- Acreditar mediante CV actualizado os coñecementos indicados anteriormente.

Datas de Impartición:
O curso constará de 36 horas lectivas e será impartido en Santiago de Compostela nas seguintes datas: 19,20,21,26,27,28 de outubro e 2,3,4 de novembro. Terá lugar en 9 xornadas de tarde (16.00 A 20.00) na sede do  Instituto Enerxético de Galicia ( INEGA) sito na Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5. A data límite para facer a prescripción é o 14 de outubro.

Tratarase de respectar ao máximo as datas indicadas. Por motivos técnicos ou organizativos, as datas poderían ser modificadas. Neste caso, informarase a través da páxina web e por correo electrónico aos inscritos, sempre antes das datas límite indicadas para a preinscrición.
A preinscrición no curso realizarase cubrindo o “ Formulario de Prescrición” adxunto  na web e achegando o CV ao seguinte  e- mail: natalia.alonso@es.bureauveritas.com

As prazas adxurdicaranse por rigurosa orde de recepción, ata un máximo de 25, sempre que se reúnan os requisitos necesarios. Non serán seleccionados aqueles alumnos dos que non se recibiu os seu CV antes de prazo límite de preinscrición.



No hay comentarios:

Publicar un comentario