jueves, 9 de septiembre de 2010

PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO: U.P.D. PACTO DE LUGO

NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN

(Reunión da Xunta Directiva da Asociación Impulsora do Pacto polo Emprego de Lugo  / 12.08.2010)  

A Xunta Directiva da Asociación Impulsora do Pacto polo Emprego de Lugo reuniuse o 12.08.2010 para presentar ao novo equipo técnico que traballará para cumprir os obxectivos para os que os Pactos foron deseñados e que hoxe teñen máis vixencia que nunca.

A Xunta foi presidida por Fernando Teijeiro, de UGT, en ausencia do Presidente, López Orozco.

O equipo de traballo do Pacto está integrado por 4 técnicos e un administrativo. Os seus contratos están subvencionados pola Consellería de traballo durante 6 meses, unha vez finalizado o contrato do anterior equipo.

Parece que durante este tempo a nova Xunta quere repensar os pactos ou reformulalos. A asociación apoia a continuidade dos traballos e a intensificación do seu traballo nesta época en que as políticas activas de emprego son máis importantes que nunca. Ademais, demanda unha maior implicación dos actuais responsables da Consellería de Traballo, que deben coordinar e marcar a liña de traballo de todos os pactos, para que sexan máis eficaces, tal e como estaba establecido nun principio.

Tanto o Concello de Lugo como os sindicatos manifestan a súa vontade expresa de continuar o traballo en común das entidades máis cercanas aos cidadáns pero demandan que a Xunta cumpla tamén e exerza as súas competencias en materia de políticas activas de emprego.

Lembrar que os Pactos territoriais polo emprego foron creados en 2007 por un acordo do entón Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, Confederación de Empresarios de Galicia, UGT e CC.OO. de Galicia no marco do Diálogo Social.

O de Lugo foi un dos primeiros pactos que se constituiu, xa que leva funcionando máis de 2 anos. Está presidido polo Alcalde de Lugo e integrado por 38 Concellos da zona centro da provincia de Lugo, UGT, CCOO, CIG e a CEL.

Hai outros dous Pactos territoriais na provincia de Lugo: Mariña e zona sur. En Galicia en total hai 15 Pactos.

Os Pactos territoriais polo emprego nacen na Comisión Europea. O obxectivo dos pactos é acercar o nivel de intervención ao ámbito no cal se desenvolven as diferentes políticas de emprego e a creación de marcos de coordinación - intervención das diferentes administracións e axentes sociais implicados nos temas de emprego.

Os Pactos Territoriais de Emprego supoñen esencialmente un incremento e unha planificación e xestión coordinada do conxunto dos recursos públicos que se destinan ao emprego nunha zona.

Un Pacto Territorial é, en primeiro lugar, un órgano de participación da administración local e dos axentes económicos e sociais nas políticas de emprego da Consellería de Traballo.

Neste marco de obxectivos, os diferentes Pactos Territoriais de Emprego deberán abordar:

A elaboración do Plan de Emprego do territorio no que se asenta.

O análise e avaliación da evolución dos diferentes indicadores de emprego do territorio

O informe das diferentes propostas de actuación relativas a políticas activas de emprego que se desenrolen no seu territorio.

Os Pactos Territoriais realizarán o análise socioeconómico da zona elaborando o análise DAFO da mesma, analizarán e avaliarán as políticas activas que se executen no seu ámbito, propoñerán os colectivos prioritarios e as actuacións de políticas activas en xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario