miércoles, 8 de septiembre de 2010

ORIXE DAS U.P.D.s

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DE LUGO


Coa publicación do Decreto 98/2008 do 15 de maio, créanse os órganos consultivos denominados pactos territoriais de emprego. No que se inclúe o “Pacto Territorial de Emprego de Lugo”. Os pactos territoriais en Galicia nacen consecuencia da sinatura con data 5 de febrero de 2007 do acordo do diálogo social en Galicia “Novo marco galego de relación laborais: Acordo polo Emprego”, entre a Xunta de Galicia, os empresarios e os sindicatos UXT e CC.OO de Galicia.
Neste novo marco social, no terceiro dos nove acordos acadados, denominado “Acordo sobre o novo modelo de servizo público de Galicia”, dícese textualmente “Un terceiro ámbito de participación, para crear de novo, viría determinado pola necesidade de implicar a todas as organización nun ámbito territorial para proporcionaren os seus coñecementos e experiencias. Esta implicación debe realizarse por medio da posta en marcha de pactos territorias de emprego. O obxectivo destes é achegar o nivel de intervención ao ámbito no cal se desenvolven as diferentes políticas de emprego e a creación de marcos de coordinación- intervención das diferentes adminstracións e axentes sociais implicados nos temas de emprego.”

No preámbulo no decreto sulíñase que os ” pactos territorias de emprego suponen esencialmente un incremento e unha planificación e xestión coordinada do conxunto dos recursos públicos que se destinan ao emprego nunha zona…”

Os pactos territorias de emprego tratan de dar resposta ás directrices europeas en materia de emprego, dende onde se fai especial fincapé en incrementar a participación dos sectores locais para acadar o éxito nos pilares que se consideran prioritarios, estando entre eles a mellora da empregabiliade, desenvolvemento do espíritu de empresa, fomento da adaptabilidade nas empresas e nos traballadores, cooperación interrexional e transnacional e promoción da igualdade entre homes e mulleres. Todo elo, sen esquencer a idea do desenvolvemento sostible nun ámbito territorialmente equilibrado e na recuperación medioambiental e a súa posta en valor.

Por todo elo, os pactos territoriais de emprego configúranse como un terceiro órgano colexiado de carácter administrativo adscrito ao departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego, co obxectivo último de planificar e xestionar de xeito coordinado o conxunto dos recursos públicos que se destinan ao emprego nun ámbito xeográfico concreto. Para elo faise necesario involucrar aos empresarios e sindicatos, así como os concellos, como administración local mais próxima ás necesidades de emprego, todos eles compoñentes dos pactos co mesmo nivel de representatividade.

No caso do Pacto Territorial de Emprego de Lugo, esta estructura e composición se configura do seguinte xeito:

- A Consellería de Traballo e Benestar

- Os 38 concellos do seu ámbito territorial de actuación

- A patronal

- Os sindicatos (CC.OO, CIG, UXT)

A toma de decisións nos pactos territoriais canalízase a través da Asemblea Xeral a proposta do Comité de Dirección. Así mesmo, existe unha Comisión Técnica, de perfil técnico, a cal ten a función de elaborar a documentación técnica específica do pacto territorial. Por outra banda, o Decreto 98/2008, tamén plantexa a posibilidade de crear un comité asesor, conformado por entidades asociativas, universidades ou calquera outra institución que o propio comité de dirección considere axeitado.

 
Como se pode apreciar, trátase dun territorio onde se existe un contraste entre un gran número de concellos eminentemente rurais e tres concellos de perfil máis urbano, como é o caso de Lugo, Sarria e Vilalba. Pero, por encima de todo, temos que destacar a importancia da área xeográfica do concello de Lugo, tanto polo seu peso poboacional, como a súa relevancia dende os puntos de vista empresarial, afiliación e desemprego. Ese contraste, ven refrendado por comportamentos antagónicos no que atinxe a indicadores socio-laborais e demográficos e que, polo tanto, vanse ter en conta no estudo conxunto do territorio, establecéndose un “aparte” no territorio do pacto sen ter en conta o concello de Lugo.

Ao longo dos contidos deste blog, iremos vendo diferentes documentos que foron elaborados pola comisión técnica do pacto territorial coa súa correspondente aprobación polos seus órganos de goberno, todos eles dentro do marco de participación institucional trazado no Decreto 98/2008.

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DE LUGO

Paralelamente á xestación do Pacto Territorial de Emprego de Lugo, formalizouse a “Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo”, como entidade sen fin de lucro e composta polos concellos os sindicatos e os empresarios do ámbito territorial do pacto e coincidente xeográficamente con aquel.

A vocación da Asociación é sen fin de lucro nacendo coa finalidade de promover e aporiar a creación do Pacto Territorial de Emprego de Lugo. Nos estatutos fundacionais, estableceuse como domicilo social o Centro de Empresas e Innovación pertencente ao Concello de Lugo.

Como órganos de goberno da Asociación configúranse a Asemblea Xeral composta pola totalidade de asociados como órgano supremo na toma de decisións, a Xunta Directiva composta por un número reducido de asociados elixidos pola Asemblea Xeral como órgano de goberno, xestión e representación e o Xerente da asociación, no suposto de ser designado pola Asemblea Xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario