viernes, 29 de octubre de 2010

REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA A.I.P.T.E.L.

 REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA  DA ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DE LUGO (29.10.10)



En Lugo, 29.10.10.-
Sala de reunións do CEI-NODUS

Hoxe tivo lugar a 2ª reunión da Xunta Directiva da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo, dende que foi nomeado o novo equipo técnico que representa a Unidade de Promoción e Desenvolvemento Pacto de Lugo (U.P.D. PACTO DE LUGO).

Nesta reunión analizouse a situación actual do Pacto Territorial polo Emprego, o abandono "temporal" da Confederación de Empresarios de Galicia, nun momento crítico, e tamén se abordou as actividades realizadas ata o momento pola U.P.D. referidas o Decreto 98/2008, do 15 de maio, polo que se regulan os órganos consultivos denominados pactos territoriais de emprego.

A espera de convocar a próxima Asemblea Xeral da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo, foi o que deu de sí esta xornada de venres.-


No hay comentarios:

Publicar un comentario