Desde a UPD Coordina Local remítennos a seguiente información sobre o seguinte evento que pode ser do voso interese:
XI CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA USC
Organiza
Universidade de Santiago de Compostela
Obxecto
Premiar a emprendedores e emprendedoras que presenten proxectos de empresa innovadores.
Destinatarios
Estudantes e titulados e tituladas de calquera das universidades galegas e dos centros asociados da UNED en Galicia, en calquera área de coñecemento (Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Xurídicas e Sociais, Ciencias Experimentais e Ensinanzas Técnicas) que, individualmente ou en equipos, teñan un proxecto empresarial innovador con potencialidade para converterse nunha empresa.
Doutores e doutoras, doutorandos e doutorandas, persoal de investigación, tesinandos e tesinandas, alumnos e alumnas de terceiro ciclo, etc., que desenvolvan actividades de investigación en calquera centro de investigación galego.
Empresas xa constituídas ao longo do ano 2010 por promotores co perfil descrito.
Premios
PREMIOS BASE TECNOLÓXICA:
- Primeiro premio: 5.000 euros + ata 24.000 € de financiamento
mediante préstamo participativo
- Segundo premio: 3.000 euros
PREMIO EMPRESA XOVE: 2.000 euros
PREMIO MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros
PREMIO PROXECTO EMPRENDEMENTO SOCIAL: 2.000 euros
Prazo de presentación
Dende o 15 de decembro de 2010 ata o 28 de febreiro de 2011 ás 14.00 horas
Máis información
No hay comentarios:
Publicar un comentario