miércoles, 12 de enero de 2011

"EUROPE@S"

A Fundación Galicia Europa presenta a revista de temática comunitaria “Europe@s” e unha guía de saídas profesionais para a mocidade

A revista nace como publicación periódica bilingüe que analizará os asuntos europeos que máis lle afecten á nosa comunidade

A guía de saídas laborais constitúe un completo manual das múltiples posibilidades de formación e emprego para a mocidade.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director apoderado da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, presentou esta mañá o primeiro número da revista “Europe@s” e a “Guía de saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais”, publicacións coas que se busca incrementar o coñecemento dos galegos das políticas e oportunidades que as institucións comunitarias ofrecen.

A “Guía de saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais” é unha recompilación da gran oferta formativa para mozos que convocan múltiples entidades. Nela recóllense as bolsas que ofrecen a Fundación Galicia Europa, as consellerías da Xunta de Galicia, entidades públicas ou privadas de prestixio, institucións da UE, e organizacións internacionais como a ONU, o FMI, a OMC, o Banco Mundial; sen esquecer a cooperación internacional, con organismos como a AECID, Cruz Vermella, Intermon Oxfam.

Este manual inclúe todo tipo de colaboración con estes organismos, desde estadías, prácticas, intercambios, voluntariado, así como os prazos de solicitude, os requisitos, o lugar onde se realizan as prácticas e a súa retribución, ou non caso de non habela, apúntanse fórmulas para obter compensacións económicas.

Tanto a revista como a guía son o resultado da determinación da Fundación Galicia Europa de seguir trazando pontes de comunicación entre a UE e os cidadáns galegos. Ambas publicacións distribuiranse ás institucións galegas, ás tres universidades, aos centros de documentación europea e aos particulares interesados que así o desexen.

Revista Europe@s

“Europe@s” viu a luz o pasado mes de decembro cunha edición bilingüe galego-castelán de 48 páxinas. Este número inicial conta coa firma invitada do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen centra o seu artigo no papel que Galicia desempeñará dentro da Estratexia Europa 2020 a través do fomento da educación, da I+D, do emprego e do crecemento sustentable, así como na defensa da concesión dunha axuda transitoria para Galicia a partir de 2013. A revista, que consta de cinco seccións, dedica as súas reportaxes centrais a dous asuntos clave para as economías europeas: a I+D como motor do crecemento e a transposición da Directiva de Servizos.

A revista inclúe unha entrevista a Beatriz Yordi, xefa da unidade de Eco-innovación da Comisión Europea, na que expón a relevancia que está a gañar este sector que conxuga investigación e desenvolvemento sustentable, así como actividades e seminarios realizados pola Fundación para divulgar as políticas comunitarias.


“Guía de saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais” é unha recompilación da gran oferta formativa para mozos que convocan múltiples entidades. PREME AQUÍ
 

Data:11-01-2011

Fonte:www.xunta.es.

























1 comentario:

  1. A “Guía de saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais” é unha recompilación da gran oferta formativa para mozos que convocan múltiples entidades. Nela recóllense as bolsas que ofrecen a Fundación Galicia Europa, as consellerías da Xunta de Galicia, entidades públicas ou privadas de prestixio, institucións da UE, e organizacións internacionais como a ONU, o FMI, a OMC, o Banco Mundial; sen esquecer a cooperación internacional, con organismos como a AECID, Cruz Vermella ou Intermon Oxfam.

    Este manual inclúe todo tipo de colaboración con estes organismos, desde estadías, prácticas, intercambios, voluntariado, así como os prazos de solicitude, os requisitos, o lugar onde se realizan as prácticas e a súa retribución, ou non caso de non habela, apúntanse fórmulas para obter compensacións económicas.

    ResponderEliminar